Unidade didáctica sobre a alameda de Pontevedra

Xustificación do proxecto

A alameda de Pontevedra, na actualidade, é un espazo urbano que non goza do mesmo aprezo que antano. Creada como unha necesidade urbanística decimonónica sobre solo público para conectar o antigo burgo co barrio de San Roque e rodeada dos edificios administrativos representativos da capitalidade provincial de Pontevedra, constitúe unha área verde en pleno corazón administrativo da cidade. A calidade urbanística que ofrece este espazo, non obstante, perdeu a súa categoría de punto de encontro.

Resulta un contraste evidente que área máis ocupada e transitada é a avenida de Montero Ríos, a cuberta do parking da alameda. Mentres esa superficie dura está ocupada a diario, a vella alameda só será ocupada polos donos dos cans.

Como podemos recuperar na percepción cidadá un espazo que hoxe é de tránsito?. Que modificacións poderíamos suxerir para reanimalo?

Palabras clave do proxecto

Interdisciplinariedade. Memoria histórica. Patrimonio artístico. Urbanismo e os espazos de lecer. Percepción cidadá. Aprendizaxe cooperativa. Investigación-acción.